Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Policía adestra no Xallas

A Policía adestra no Xallas

A nova unidade especial para rescates en riadas e inumdacións, formado pola Policía Autonómica Galega e Bombeiros de diferentes parques de toda Galicia estiveron, esta fin de semana, facendo unha serie de simulacros e manobras de rescate en augas do río Xallas, concretamente no Campo de Slalom de O Couquiño, onde habitualmente entrena o club de piragüismo de augas bravas de Dumbría.

I é que precisamente iso era o que buscaban, remuiños, fortes correntes, contracorrentes, para poder por a punto todo o seu protocolo a hora de que a súa intervención sexa necesaria. Durante a noite do venres fixeron simulacros de rescates nocturnos, mentras que xa o sabado pola mañan traballaban o badeo do río para rescatar a unha victima atrapada por unha repentina crecida do río.

Para poder realizar este operativo, contaron coa colaboración do CDM Piragüismo Dumbría, co Concello de Dumbría, e coa empresa Ferroatlántica, que lles deu o caudal de auga necesario para a realización do mesmo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do CDM DUmbría.

Comentarios