Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Aantena achega o seu "Relato para un incendio" a Dumbría

Relato para un incendio por aAntena 1
Isabel Risco e Victoria Pérez na obra
Aantena achega o seu "Relato para un incendio" a Dumbría

A compañía costeira Aantena, que ao longo do verán levaron os espectáculos dos naufraxios polos espazos singulares da comarca, continúa co seu proxecto “A ollada de Gustav”. Un programa que recupera a historia de Gustav Henningsen, o danés que percorreu Galicia en 1965 realizando unha completa colleita etnográfica e antropolóxica.

O proxecto conta con charlas, exposicións, obradoiros de regueifa… e unha obra de teatro, que este domingo 22, ás 20:00h, chega á Casa Cultural de Olveira (Dumbría). “Relato para un incendio” é unha de Ernesto Is, que acaba de recibir o premio 1ª bolsa de dramaturxia e creación do Centro Dramático Galego.

A proposta escénica de aAntena, cunha decidida aposta polo teatro documento, expón con toques de humor unha revisión da figura feminina na historia recente e na nosa memoria colectiva. Un espectáculo no que un elenco composto por tres intérpretes: Isabel Risco, Manu Fernández e Victoria Pérez, dirixidos por Xosé Leis.

Novas relacionadas

Comentarios