Aceleran as obras da pasarela da Fervenza do Ézaro para deixar o acceso aberto pola Xunqueira
Esta semana, dende o luns ata o venres 9, a empresa Ogando está acelerando as obras de colocación das pasarelas de acceso peonil á fervenza do Ézaro. Unhas obras de gran volume que se van alongar ata finais de ano.
Deste xeito, esta semana cada día fica pechado o acceso á cascada durante todo o día e noite para rematar os encepados das ménsulas.
A primeira pasarela irá diante da fábrica nova
Estes días procederon, cunha grúa absolutamente espectacular, á colocación provisional (pero na súa ubicación) da primeira das pasarelas, que irá diante da fábrica nova e que enganchará coa pasarela de madeira que hai a carón dos eucaliptos.
Paralelamente, diante da fábrica vella están cementando a zona, xa cos ferros que saen cara fóra onde vai apoiada a segunda pasarela.
Cementando nas obras da segunda pasarela, que vai diante da fábrica vella
Aberto por Xunqueita
Así mesmo, durante a semana da Xunqueira (do 12 ao 16 de agosto), permanecerá aberto o paso peonil á Fervenza de xeito continuado dia e noite, volvéndose a cortar de 8:00 a 19:30 dende o día 19 de agosto, semana na cal comenzarase a montaxe estructural da pasarela no canto a parte metálica e a terminación de todolos encepados.
Novas relacionadas
- 27-06-19: Novos peches ao tráfico rodado na Fervenza do Ézaro.
- 11-06-19: As obras da pasarela do Ézaro alongaranse ata final de ano.
- Maio 19: A nova pérgola da Fervenza do Ézaro xa ten orzamento.
- Abril 19: As obras da pasarela de acceso á Fervenza do Ézaro en marcha.
- Decembro 18: Dumbría mellorará os accesos e incluirá unha pérgola como zona de ocio nas inmediacións da Fervenza do Ézaro