Mércores. 24.04.2024
El tiempo

#ACostaDaMorteEnamora

#ACostaDaMorteEnamora
ACostadaMorteEnamora

A semana pasada o hastag #CocidoDay conseguía colocarse entre os 15 trending topics no twitter español. Veremos o que conseguen esta fin de semana un grupo de blogueiros que se achegan á bisbarra para promocionar, pola rede, este marabilloso contorno, desde o punto de vista turístico, gastronómico e humano.

Durante os días 26, 27 e 28 de marzo desenvolverase o blogtrip #AcostaDaMorteEnamora. As actividades comezarán o xoves ás 16h e finalizarán o sábado ás 14 horas. Tuiteano estarán os blogueiros de viaxes Alberto (www.maisgrelos.blogspot.com.es), Leticia (www.trucosviajeros.blogspot.com.es) e María (www.maruxainaysumochila.com), todos eles socios de Galicia Travel Bloggers, asociación que trata de promover o turismo galego pola rede.

Son varias as empresas da zona que apoiaron a iniciativa, ademais do Concello de Dumbría, organizando unhas visitas guiadas. Se ben na zona habería moita xente que podería levar adiante esta iniativa, é Unayta, empresa de Bertamiráns, é a compañía de marketing encargada de coordinar o evento.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios