AGE tamén denuncia a opacidade da Xunta co fraude forestal


Primeiro foi a Fruga, logo o PSdeG, despois o BNG e agora AGE. Todas as formacións da oposición denuncian os chanchullos que existiron na concesión de subvencións para a repoboación na zona da Costa da Morte tras un ano dende que saltou á luz pública.
Neste sentido, o deputado Antón Sánchez lembra que o tribunal de Contas da Unión Europea emitiu un informe segundo o que Galicia é unha das “rexións” en que máis se dan os erros nas subvencións. O deputado de AGE presentou unha pregunta para que o Goberno galego responda en sede parlamentaria sobre se vai depurar responsabilidades na trama de subvencións de Vimianzo e para coñecer que opinión lle merecen as conclusións do documento do Tribunal de Contas europeo.
Dende AGE consideran "inaceptábel que os responsábeis do PP na Xunta agachen a súa responsabilidade nesta trama”, denuncia o parlamentario de AGE, “e non fagan nada e así acepten unha situación de fraude e corrupción”.
Nesta trama, ben repasada ao día en QPC, técnicos da Xunta de Galicia avalaron coa súa sinatura unha escura trama, arestora investigada polo xulgado de Corcubión, de subvencións para a reforestación de terras en concellos como Dumbría, Muxía e Vimianzo. Estas axudas, concedidas no distrito forestal V de Vimianzo, eran solicitadas por particulares –mesmo con firmas simuladas ou coa identidade de persoas falecidas- pero sen o seu coñecemento. O importe das mesmas remataba sempre no peto dun empresario. Estes ubsidios inclúen presuntas inspeccións de campo realizadas por persoal da Consellaría de Medio Rural e autorizadas por técnicos do Goberno galego.
Novas relacionadas
- 19-03-13: Un ano de fraude forestal en primeira persoa.
- 14-02-13: O fraude forestal do Caso Maceiras chega ao Parlamento.
- 20-09-12: Fraude Forestal: Afectados acusan á Xunta.
- 08-06-12: A FRUGA critica as excusas de bancos e da Xunta ante o fraude forestal.
- 06-06-12: A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal.
- 03-03-12: 300 persoas de empresas, bancos e administracións envoltas nun fraude en Vimianzo.
Outras novas
- Por unha oficina de atención ao cliente de Fenosa-Gas Natural.
- Os alcaldes de Bergantiños tamén se comprometen cos Afectados polas Preferentes.
- Contra as fumigacións agresivas.
Fonte
- AGE.
- Diario Colaborador Galicia Confidencial.