Ana Escudero presenta o seu liberador libro "Vidas TRANSgresoras" en Cee e Dumbría
A escritora dumbriesa aficanda en Barcelona, Ana Escudero, será protagonista este xoves 22 de agosto cunha doble presentación do seu libro “Vidas TRANSgresoras”. A de Buxán reflexionará sobre este libro que conta as vidas de persoas que desafiaron as normas sociais para vivir autenticamente. Son historias que refliten loitas persoais pola identidade e a aceptación, cos que Ana comprometida con temas sociais, resalta a universalidade do desexo de ser comprendido e amado, alentando os lectores a vivir a súa verdade con valentía.
Un tema, sen dúbida, de máxima actualidade que seguro suscita o diálogo e a reflexión persoal e social.
O xoves 22 ás 12:00 h, estará na Praza da Constitución de Cee, presentando esta poderosa e liberadora obra.
O mesmo xoves ás 19:30h fará o propio na súa terra materna, en Dumbría, concretamente na Biblioteca do Conco.
A entrada é libre e aberta ao público, sendo unha oportunidade única para descubrir un libro que non deixará indiferente a ninguén.