Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A dumbriesa Ana Escudero fomenta a diversidade co seu novo libro "Vidas TRANSgresoras"

Ana Escudero co Libro Vidas Transgresoras
Ana Escudero e Anna Solá con Vidas TRANSgresoras
A dumbriesa Ana Escudero fomenta a diversidade co seu novo libro "Vidas TRANSgresoras"

Segue a Costa da Morte demostrándose na vangarda da creación literaria. Desta volta, coa publicación de Vidas TRANSgresoras, que forma parte da ”Colección: A xente tamén conta” de “Libros de las malas compañías”. A súa autora é a dumbriesa Ana Escudero que xa publicou “Un salto en el recuerdo” en 2020, e o libro conta coas ilustracións de Anna Solá.

Vidas TRANSgresora busca visibilizar as experiencias e loitas das persoas trans na sociedade, resaltando a importancia da identidade e a aceptación”, explícanos a dumbriesa. “A través das súas narrativas inspiradoras, a obra fomenta a comprensión e a empatía cara á diversidade, alentando aos lectores a vivir a súa verdade con valentía”.

Portada libro Vidas Transgresoras Ana Escudero

Ana Escudero, nada en Barcelona, ten toda a familia en Buxán, onde pasa todos os veráns. Xa é unha figura influente no ámbito literario e demostrou o seu compromiso con temas sociais ao longo da súa carreira.

O libro está publicado por Libros de las Malas Compañías, un proxecto editorial fundado por Ana C. Herreros coa “pretensión de coidar con mimo cada paso da edición do libro e a todas as persoas que interveñen nel. Cremos que a cultura pode facer deste mundo un lugar máis xusto. O noso obxectivo é xerar conciencia, comprensión e empatía cara a estas realidades, promovendo a inclusión e o respecto pola diversidade na nosa sociedade”.

Novas de Ana Escudero

 

Máis novas literarias

Comentarios