luns. 09.03.2026
El tiempo

O BNG de Dumbría impulsa unha iniciativa para apoiar as reivindicacións laborais dos traballadores de Xeal

 

Xaime Trillo BNG Dumbria
Xaime Trillo do BNG Dumbria
O BNG de Dumbría impulsa unha iniciativa para apoiar as reivindicacións laborais dos traballadores de Xeal

O BNG de Dumbría vén de rexistrar unha moción no Concello na que solicita á corporación municipal que amose o apoio institucional ás reivindicacións do cadro de persoal de Xeal, en defensa dun convenio colectivo digno que garanta o mantemento do poder adquisitivo e unhas condicións laborais xustas. Na iniciativa, que será debatida no vindeiro pleno ordinario, a formación nacionalista insta á dirección da empresa “a desbloquear de maneira inmediata a negociación colectiva, actuando con boa fe, con responsabilidade social e vontade real de acordo”.

Así mesmo, o BNG pide á corporación dumbriesa que aposte polo emprego industrial na comarca, garantindo a vinculación efectiva entre a explotación hidroeléctrica e a actividade produtiva e o mantemento dos postos de traballo. E ademais insta á Xunta de Galiza a exercer as súas competencias “para velar polo cumprimento das condicións da concesión e polo interese público, asegurando que os recursos naturais da comarca revertan en emprego e desenvolvemento económico”.

O portavoz municipal do BNG, Xaime Trillo, afirmou que “a nosa intención era debater a moción na sesión plenaria celebrada este xoves 5 de marzo, e por iso presentámola pola vía de urxencia, pero lamentablemente a maioría dos edís votaron en contra de que a iniciativa fose tratada no pleno".

Comentarios