Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Braulio Pérez Astray e Modesto García Quintáns presentan os seus libros en Dumbría

presentación literaria PÉREZ ASTRAY
Braulio Pérez Astray e Modesto García Quintáns presentan os seus libros en Dumbría

Xa falamos da presentación do novo libro de Modesto García Quintáns e a sáu filla Nieves García Centeno. Pero é que Dumbría vai ter moito que contar este mes de nadal, pois ademais desta cita co Monte Pindo, tamén terá a ocasión de escoitar a presentación do libro de Braulio Pérez Astray.

A presentación de Modesto e Nieves será o sábado 23 de decembro, ás 19:00 h, no edificio Bitácora, no Ézaro.

A de Braulio Pérez Astray, será o martes 19 de decembro, ás 18:00 h, na biblioteca do Conco – Dumbría. A esta hora poderemos facernos cun exemplar de “Médicos e medicina rural na Costa da Morte: A figura do doutor Manuel Pérez Maroño” [Hércules de Ediciones].
Braulio Pérez Astray, achegaranos á figura do Dr. Pérez Maroño, quen foi médico titular do concello dumbriés durante 17 anos. Despois de realizar a primeira presentación oficial deste libro no concello de Zas, o autor preséntao en Dumbría, onde aínda son moitos os veciños e veciñas que foron pacientes do Dr. Maroño.

Comentarios