Modesto García Quintáns e Nieves García Centeno presentan na casa o seu libro sobre o Monte do Pindo
Xa botamos a primeira ollada ao libro “O Monte do Pindo, rutas e lendas” que vén de publicar Modesto García Quintáns, xunto coa súa filla Nieves García Centeno. O dumbriés, tras moitos anos de colleita, consegue sacar este tesouro etnográfico a través da editorial Toxosoutos (Noia, A Coruña) vén de publicar, dentro da súa colección de Divulgación.
E xa temos a primeira sesión de estrea, que como non podía ser doutro xeito será na súa casa. Modesto, (enxeñeiro topógrafo e habitual colaborador en medios de prensa sobre rutas polas comarcas de Fisterra e Soneira), e Nieves (xornalista e historiadora), estarán o sábado 23 de decembro ás 19:00h no Centro Social Bitácora do Ézaro, debullando a asinando exemplares.
O texto, que xa está á venda nas librerías galegas, foi prorrogado polo catedrático de Historia na USC e escritor Fernando Alonso Romero e recolle aspectos inéditos como a toponimia do Monte do Pindo, coas súas coordenadas UTM, ademáis de todas as rutas de interese que se poden facer, recollidas nun mapa, como a dos muíños, a das covas ou a das peixeiras. E, por suposto, as que conducen á Moa, ao Pico de Peñafiel ou á Cova Xoana, entre outras, ben desde O Fieiro (Mazaricos), como desde O Pindo (Carnota). Percorridos nos que se disfruta dos petóns tan característicos do Pedregal, que no libro se descreben e sitúan, tamén por coordenadas e con fotografías, así como as lendas que envolven ao Pindo. Unha análise completa e intensa ao Monte que abrangue a sua xeografía, hidrografía (ríos e fontes), minaría, fauna, historia e poboación.
En vindeiras datas coñeceranse máis datas da súa presentación na Costa da Morte, así como en Santiago e na Coruña.
Máis info:
Artigos de Modesto García Quintáns do “Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.