Martes. 19.10.2021
El tiempo

Circo e cine para un novo domingo cultural no Ézaro

Circo e cine para un novo domingo cultural no Ézaro

Non paran as actividades culturais en Dumbría. Este domingo 12 de setembro o Ézaro volve acoller unha doble cita. Ás 19:00h, na zona dos Pantaláns, teremos unha actuación para o público familiar, coa chegada de Muu, que trae o seu espectáculo “Crunch”. Un show circense, clown, malabares, saltos mortais…

Ás 21:30h, o Paseo Marítimo do Ézaro acollerá a proxección de Sicixia, que non puido ser realizada hai unhas semanas por mor do tempo. A proxección do filme, que recrea os sons da Costa da Morte, contará coa presencia de Ignacio Vilar, director, para a presentación do filme e posterior coloquio.

comentarios