Luns. 14.10.2024
El tiempo

“Colgados” na Fervenza do Ézaro (II)

Xa en 2011 recordámolos aló enriba,“colgados” no alto da fervenza do Xallas, botando ata unha partida nas cadeiras que subiran. E este pasado mes de agosto, algúns afotunados puideron volver a ver a uns “colgados” escandando o Coadoiro.
Escadando na Fervenza do Ezaro
O fisterrán Fran Lijó, colgado na Fervenza do Ézaro
“Colgados” na Fervenza do Ézaro (II)

Son amantes da escalada, e o feito de rubir unha parede puramente vertical, nun lugar tan emblemático coma este, son razóns suficientes para lanzarse ao desafío. Son o bombeiro de Negreira Rubén Suárez Carballo, e o fisterrán aficando en Salceda de Caselas, Fran Lijó, compañeiros na academia Seganosa como instrutores en rescate en altura e contraincendios. Fran colle o relevo de Jorge Fernández, pioneiro na causa xunto a Rubén.

A expedición tivo lugar o pasado 23 de agosto. Para chegar tiveron que mollarse nas frías augas da enseada e aseguran que nin o traxe de neopreno impediron que saltasen coma troitas. Tiveron que ir colocando a modiño os parabolt inox plx (os amarres que se furan na rocha necesarios para ir colocando os arneses) para ir escalando a mollada parede costeira.

Furando a fervenza do Xallas

Ao final, alí estiveron un rato, a 156 metros do auga, disfrutando dunhas vistas que poucos poden degustar. E por suposto, gozar da sensanción única que provoca o rapel. “Neste lugar a vista sobre a gran cascada do Xallas é xa soberbia, metidos de cheo nunha paisaxe tan espectacular como aterrador”, recoñece Rubén.

Os valentes amantes da escalada, teñen en todo caso a ruta marcada no blog de Rubén para probar.

Escadando a fervenza do Xallas

Novas relacionadas

Comentarios