mércores. 30.04.2025
El tiempo

Consegue que lle devolvan unha multa por ir mercar marisco para a cea de noiteboa na postpandemia

Mascarillas da pandemia
Consegue que lle devolvan unha multa por ir mercar marisco para a cea de noiteboa na postpandemia

“Se todo o mundo reclamara teríamos unha administración pública máis eficaz”. Con esta premisa, Plácido Trillo é un batallador contra a violencia institucional das administracións e non deixa ocasión para loitar contra as inxustiza. So habituais as súas denuncias contra a falta de servizos básicos como a electricidade ou a conexión a internet, que sofre dun xeito moitísimo máis cruel na súa vivenda de Santa Uxía do Ézaro (Dumbría) que se vivise nunha cidade.

Hai pouco conseguía que Movistar lle devolvese 32€ por ficar varios días sen conexión dun temporal en xaneiro. Pero por exemplo xa ten pleitado con Facenda pola liquidación do imposto de sucesións tralo pasamento de seu pai durante 15 anos, cunha sentenza que arquivaba o caso do Tribunal Económico administrativo que lanzaba chea de amonestacións á administración autonómica. “Así as gasta a administración pública: apretar ao común dos mortais con accións ilegais. Líbrenos diós da delincuencia institucional. O cidadán normal paga o que lle poñan e gañan eles. E si os demandas nunca hai responsable con nombre e apelidos. O responsable é o erario público”, critica con dureza.

A historia que vén a contarnos hoxe desta volta devólvenos aquela dura desescalada, cando a finais de 2020.
O 24 de decembro de 2020, Plácido baixou pola mañá polo Pindo a buscar unhas centolas a Lira, para levar a casa algo rico para compartir coa parella e o cativo na cea de Noiteboa, tendo en conta ademais que en Dumbría non hai servizos, e que daquela xa se podía romper o perímetro para comprar alimentos.

Pero ao pasar por Carnota, foi parado pola Policía Local, que considerou que estaba infrinxindo o peche perimetral e lle puxo unha infracción administrativa de 300€.

Xa en outubro do 2021, chegáballe a casa a multa e tras abonar 150€ como bo e rápido pagador, inmediatamente presentou un escrito de alegacións. “Procedo ao pago da sanción porque recurrila sairíame máis caro que pagala; pero non recoñezo na acción de ir mercar marisco para a cea de noite boa neglixencia, mala fe nin conduta delicitiva algunha”, relata, deixando patente que “non consideo xusta nin proporcionada a sanción”.

Xa entrado o 2022 recibe outra carta co anuncio arquivo do expediente por sanción ilegal, ao que respondía Trillo reclamando a devolución do pago da multa e deixando claro que o escrito é unha reclamación da sanción.

Así, esta semana, 4 anos despois do suceso, Plácido recibiu a resolución na que a Xunta recoñece que ten razón e que proceden a devolución dos 150€. “Cantas multas legais cobraron na pandemia?”, pregúntase aínda indignado mentres asegura que seguirá pelexando para “que non nos tomen o pelo”.

 

Máis novas

Comentarios