Venres. 19.04.2024
El tiempo

Continúan as lapas ameazando o Pindo e ao Ézaro cando chegan as primeiras reflexións

Continúan as lapas ameazando o Pindo e ao Ézaro cando chegan as primeiras reflexións
As lapas chegan a enseada do Ezaro-Foto-Ada Gonzalez
  • Última hora (18:30h): A Xunta actualiza o número de hectáreas calcinadas no #IFCarnota (hastag usado en twitter para o Incendio Forestal) ata as 1.900 hectáreas, que o sitúa como o máis devastador do verán en Galicia.
    A esta hora as lapas seguen espallándolle pola zona traseira do Monte Pindo, polo Fieiro (Mazaricos), e ademais acecha cada vez máis á Fervenza do Ézaro.
  • Album de Fotos no Facebook.

Non hai aínda demasiado tempo para a reflexión, pois hoxe, venres 13 de setembro amencía ameazado polas lapas o lugar do Pindo, desta volta á altura da Praza da Costiña. O lume, despois de manterse vivo en pequenos focos durante toda a noite, achegouse ás casas do Pindo un día máis, manténdose aínda, a primeira hora da mañá o nivel 1 de alerta, trala información actualizada da Xunta ás 10:00h. De feito, a fumareda invade de novo toda a ría de Corcubión, pero o que é peor, é que agora son os veciños do Ézaro os que están moi pendentes do avance das lapas, esperando a chegada dos medios aéreos (acaban de facelo ás 09:40h). O lume xa chegou ao cumio de Peñafiel á enseada da Fervenza do Ézaro, de feito, ás 11:30h deste venres.

Mentres, seguen os efectivo antiincendios traballando tras case que dous días intentando extinguir este arrasador incendio que xa levou por diante máis de 1.600 hectáreas, (a Xunta mantén as 10:00h esa valoración malia que xa se fala de 2.000 ha) avanzando a pasada noite a uns 2 km/k cara o norte, aproveitando a noite e o forte vento de nordés.

Así están as cousas entre O Pindo e o Ézaro esta mañá...

O lume detras das casa do norte do Pindo case xa no Ezaro-Foto-Jorge Parri O lume na ensenada do Ezaro-Foto-Ada Gonzalez Asi se achega o lume esta mana de vernes dende O Pindo cara o Ezaro-Foto-Mario Rodriguez

Primeiras valoracións

E mentres segue a batalla xa hai tempo para facer valoracións. A primeira a dos propios veciños do Pindo, que lamentaban que o alcalde atendera "de máis" ao Olimpo Celta e non "prestase tanta atención aos propios veciños". O propio Ramón Noceda aseguraba onte que "o que prendeu o lume ao monte non quere que o Monte Pindo sexa declarado Parque Natural", mentres que a Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, que pasaba pola zona, non coma o de Medio Ambiente, apuntaba que “os incendios tráeos a man dalgún desaprehensivo que se achega ao monte coa intención de facer dano”.

O Lume segue preto das casas-Foto-Louzan

Outra entidade que alza a voz é ADEGA, que considera que "o desleixo da Xunta co Monte Pindo foi chave para súa destrución".

Así mesmo, Compromiso por Galicia – Costa da Morte "lamenta a perda de masa forestal de alto valor ecolóxico e quere amosar a súa solidaridade e apoio á veciñanza que víu danadas as súas propiedades, e vivíu momentos de grande tensión, loitando contra o lume ou mesmo sendo desaloxados das súas vivendas". A formación galeguista, sostén que "non facer absolutamente nada por modificar a estructura territorial dos terreos forestais, non implementar políticas que poñan en valor o monte e o fagan rendible e desprofesionalizar as brigadas terrestres, só pode ter como resultado a lacra de incendios que sufre o noso País cada verán", lamentando a “falta de prevención".

Desoladora estampa por Caldebarcos-Foto-Jorge Parri

A Asociación Monte Pindo Parque Natural valora o lume

Membros da Asociacion Monte Pindo Parque Natural lazo verde polo Monte Pindo Parque Natural

Ademais, a Asociación Monte Pindo Parque Natural, xunto coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Caldebarcos e o alcalde do Concello de Carnota, reuníanse onte e valoraban o este lume que "supón a práctica totalidade do macizo granítico e parte das marismas de Carnota", lamentando que "o incendio ameazou durante horas os domicilios e as vidas de moitos dos nosos veciños e veciñas".

A entidade asegura que a "carencia máis absoluta de medidas de prevención, sendo esta última unha causa totalmente subsanábel", foi unha cuestión chave para que o incendio fose tan grave

Deste xeito, a entidade Asociación Monte Pindo Parque Natural ESIXE:

  • A declaración inmediata do Monte Pindo como Parque Natural.
  • A declaración do Concello de Carnota coma zona catastrófica.
  • A dimisión de Agustín Hernández Fernández de Rojas, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, por ser o máximo responsábel da consellería que decide as novas declaracións de parques naturais en Galiza.
  • A dimisión de Rosa Quintana, Conselleira de Medio Rural, por ser a máxima responsábel da consellería da Xunta de Galicia responsábel da xestión de espazos naturais protexidos.

Un Roteiro reivindicativo e unha manifestación

Así, a entidade propón dúas medidas de presión:

  • Un Roteiro reivindicativo de subida ao Monte Pindo o día sábado 28 de setembro de 2013, con saída simultánea ás 11:00 horas desde O Pindo (Carnota), Caldebarcos (Carnota), e o Fieiro (Mazaricos).
  • Unha gran Manifestación Nacional, propoñendo como data o domingo 6 de outubro de 2013, ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela, "con obxecto de esixir un cambio radical na política forestal da Xunta de Galicia e no tratamento das problemáticas dos espazos naturais protexidos".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios