O Couquiño, o primeiro slalom galego acolle unha competición estatal na que se asignan prazas para os Campionatos de Europa
Xa está cheo o Campo de Slalom de O Couquiño (Concello de Dumbría). Tras acoller o pasado mes a Copa de España de base, estes días o campo dumbriés prepárase con unha competición da máxima categoría nacional: a Copa de España absoluta xa está en marcha e non parará ata este domingo 14 de xullo.
Varios equipos xa chegaron á comarca e están adestrando no privilexiado Campo do Coquiño, un dos mellores emprazamentos de toda Galicia. Así o demostra o feito de que sexa é a primeira vez que un campo galego acolla unha competición na que se asignen prazas directas para disputar co Equipo Nacional de Slalom os Campionatos de Europa Junior e Sub-23.
A proximidade cos Xogos Olímpicos fai que, dos que nos van representar en París, só contemos coa presenza da canoista vasca Milen Lazkano, Campeona de Europa no ano 2021, e que defenderá as cores de España na competición de C1 Femenino. Mesmo así o nivel da competicion vai ser altísimo, ca presencia dos clubes máis importantes de España e a selección de Portugal.
O programa provisional para este fin de semán, a falta de coñecer a lista de inscritos é o seguinte:
- Venres 12 de xullo: Entrenos a partir das 16:00 da tarde.
- Sábado 13 de xullo: 9:00 demostración
- Sabado 13 de xullo: 10:00 Clasificatoria.
- Sábado 13 de xullo: 14:00 Final e ás 16:00 entrega de medallas.
- Domingo 14 de xullo: 9:00 Clasificatoria.
- Domingo 14: 12:30 a Final e ás 14:30h entrega de medallas..
MÁIS NOVAS
-
-
Máis de 20 clubs de toda a península participaron na Copa de España de Slalom do Couquiño
-
A Canle Olímpica de Augas Bravas do Couquiño volve enredar no Parlamento
-
O Couquiño acolleu a Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom
-
-