Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Couquiño acolleu a Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom

Iera Lema do Piraguismo Dumbria-Foto-JParri
Iera Lema en acción-Foto-JParri
O Couquiño acolleu a Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom

150 participantes pertencentes a 15 Clubes de toda España acodiron á Dumbría para disputar a proba inaugural da Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom, reservada a deportistas de categoría cadete e infantil. O campo do Couquiño olveu demostrar que ten todo para alnergar unha Canle de Augas Bravas, lucindo un caudal ideal para a disputa da competición, e cun excelente ambente grazas ó numerosísimo público da zona, pero tamén chegado de todo o país para acompañar os seus xoves deportistas, o que fixo que esta fin de semana fose bastánte complicado conseguir un lugar para dormir ou comer en Dumbría ou nos concellos limítroes.

Toda a xornada do sábado se dedicou a disputa das rondas preliminares de tódalas categorias, deixandose a xornada do domingo para a disputa das finais de tódalas categorías. Dos seis deportistas participantes do CDM Piragüismo Dumbría, catro foron quen de entrar nas finais, quedando fóra unicamente Xian Caamaño e Marcos Martínez, ambos na modalidade de Kayak dentro da categoría cadete a pesar de ter feito unhas moi boas mangas o sábado.

Sara Fernandez Piraguismo Dumbria-Foto-JParri
Sara Fernández -Foto-JParri

Nas finais do domingo na categoría cadete femenina Mariña Suárez foi quen de rozar o podium cun brillantísimo cuarto posto na final entre as mellores canoistas cadetes, Sara Fernández Romar foi novena entre as kayakistas, e Iera Lema Gerte foi séptima na categoría infantil. Entre os rapaces Minchi Cundíns non foi quen de mostrar o seu potencial quedando no décimo posto no K1 cadete masculino.

A vindeira cita dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría será nun mes, cando acudan á víla vasca de Irún para disputar en augas do Bidasoa a segunda proba da Copa de España de Jovenes Promesas do Slalom.

Mariña Suárez Piraguismo Dumbria-Foto-JParri
Mariña Suárez-Foto-JParri

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios