Denuncian a Ferroatlántica por desecar o río Xallas
 
    15:10 21/10/10 
             A entidade AEMS-RÍOS CON VIDA, que vén de denunciar o pasado mes á empresa TresMares pola desecación do río Castro,  interpuxo esta semana unha nova denuncia a Ferroatlántica ante a  Fiscalía ambiental de Galicia pola desecación da fervenza do río Xallas,  a única fervenza europea que caía ao mar e auténtico símbolo natural de  Galicia.
A asociación que preside Mark Adkinson denuncia que "o  río atópase amplamente sobrexplotado pola empresa Ferroatlántica, que o  desfigurou por completo con catro grandes presas hidroeléctricas e cuxo  réxime de explotación é incompatible coa consecución do "bo estado  ecolóxico" obrigado pola Directiva Marco da auga da UE".
A  entidade fai patente algo que todos coñecemos na bisbarra pero que dende  fóra é difícilmente comprensivas. A entidade lembra que o encoro de  Santa Uxía, o que se usa para a produción hidroeléctrica e para  abastecemento de auga, "mantén seca a parte final do Xallas  nun tramo de 1.4. km de lonxitude comprendido entre o muro desta presa e  a caída na antiga fervenza natural de Ézaro onde desembocaba ao mar".

"Cortocircuito turístico"
Así cataloga a entidade a "labor social" que asegura facer a empresa abrindo a fervenza durante o verán cada fin de semana. Pero esta medida, segundo denuncia Adkinson, non cumple a Lei de Pesca Fluvial de 1942, vixente cando se outorgou a concesión e a actual normativa galega, porque o caudal aberto é demasiado pequeno. AEMS entende que "a substitución dun caudal ambiental esixido por Lei por un "caudal turístico" unhas horas ao mes desde fai 10 anos, figura inexistente na nosa normativa, é contrario a Dereito".O caso do Encoro da Fervenza
AEMS quere lembrar que a actividade desta empresa é obxecto doutro proceso penal por haber desecado un encoro neste mesmo rio en novembro de 2007, o que provoco unha elevada mortaldade de troitas".Novas relacionadas
- Denuncian á piscifactoría de Lires por secar o río Castro.
- Camariñas analizou con expertos o estado de saúde do río Castro e do río Grande.
- Mark Adkinson, presidente de AEMS-Ríos: De quen son os ríos?.
- Unhas 100 persoas participaron no roteiro ecolóxico e reivindicativo polo río Xallas.
- O cangrexo vermello invade o encoro da Fervenza.
- Ferroatlántica mellora a súa eficiencia enerxética cunha nova certificación.
- Ferroatlántica, única culpable da desfeita ecolóxica da Fervenza para a Fiscalía.
- Denuncia cunha foto: A morte da fervenza.
Fonte
- Nota de prensa da entidade AEMS-RÍOS CON VIDA.