Deporte, cultura e natureza enchen Dumbría nesta recta final de xullo

12:05 24/07/24
Ademais das citas co alumeado nocturno do Coadoiro, o Concello de Dumbrçia propón varias actividades formuladas para toda a familia para estes días:
Hoxe, mércores 24 xullo, xa comezaron a actividades cun Contacontos sobre Luísa Villalta no albergue de peregrinos do Conco.
Do 25 ao 27 de xullo, a praia do Ézaro encherase de deporte co Campionato de España Sub19 de Volei Praia.
Ademais, o venres 26 xullo, o grupo herculino Xacarandaina realizará ás 20:00h no Cruceiro de Olveiroa, unha actuación das pandereteiras. (actuación dentro de Danza3, da Agadic).
E xa o 30 xullo, ás 11:00h no Conco, nova cita para toda a familia, co espectáculo, Cirqueiras de Artefeito, unha actuación programada a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.