Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Dumbría ábrese ao mundo da realidade aumentada cunha APP turística

AR POINT-APP DUMBRÍA AR-Oficina turismo Ezaro
A Oficina de Turismo do Ézaro é un AR Point
Dumbría ábrese ao mundo da realidade aumentada cunha APP turística

Lánzase á realidade aumentada o Concello de Dumbría coa idea de enriquecer a experiencia do turista co lanzamento da APP DUMBRÍA AR. Coa intención de realizar unha xestión intelixente e eficiente do turismo en Dumbría, o Concello lanza esta ferramenta de apoio á Oficina de Turismo do Ézaro, que tan ben coida Ada González, para ter o turismo de Dumbría operativo 24/7, unhas das accións marcadas no seu plan de mellora dentro da SICTED.

A APP contribúe así a diversificar a oferta e a desconxestionar os puntos de maior afluencia, ofrecendo información en tempo real, reducindo o consumo de materiais impresos o que repercute directamente na redución da pegada ecolóxica do turismo, obtendo datos dos recursos máis visitados e das incidencias en tempo real.

O visitante pode descubrir o Concello de Dumbría tanto dende a súa casa, como no propio destino a través do xeoposicionamento. Moverse polo concello nunca antes fora tan innovador cos Pop-Ups interactivos do mapa virtual, o escaneo de marcadores (AR Points) nos recursos e do Tótem virtual en 3D.

Recursos turísticos e rutas para descubrir a través de contido audiovisual e información práctica a través das alertas. Unha APP dispoñible en varias linguas e con audioguía para unha maior accesibilidade.

Toda unha experiencia inmersiva para os usuarios tanto locais coma visitantes. Tan só é necesario dispor dun smartphone ou tablet con acceso a internet, descargar a aplicación que é gratuíta e comezar a viaxar polas terras de Dumbría.
 

O proxecto desenvolveuse gracias á subvención a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU da convocatoria do ano 2023, liña 2 de Transición Dixital dos recursos con potencial turístico no litoral.

Podes descargar aquí a a APP DUMBRÍA AR.

Comentarios