Dumbría soña polo Nadal


Moi imaxinativo e máxico o Nadal no Concello de Dumbría. Este mes de decembro e durante as primeiras semanas de xaneiro, o concello dumbriés non deixará que os cativos e maiores pasen ratos mortos, pois trae unha completa prgramación de actividades. Todo, baixo un orixinal título de programa, "Soña co Nadal".
Xa o venres, 6 de decembro, ás 19.00h, Talía Teatro traerá os seus "Pelos na lingua" ao Conco.
O sábado, 7 de decembro, ás 19.00h, toca Maxia para tódolos públicos con Cayetano Lledó na Casa Cultural de Buxantes.
Para a seguinte semana, o sábado 14 ás 19:00h en Olveira, Cabaré Manicómico, cun espectáculo para todos os públicos de clown, música, danza, humor...
O sábado 21 toca Taller de Risoterapia e Relaxación no Conco, ás 12:00h no Conco. E pola tarde, ás 18:00h, teatro infantil coas Viaxes de Torbeliño no Conco.
Xa o xoves 26, Festa Infantil de Nadal a partir das 14:30h coa maxia de Cayetano Lledó (previa inscrición), cun mago que volverá o sábado 28 a Berdeogas.
Paralelamente, o luns 23, venres 27 e luns 3 de nadal, haberá talleres de manualidades polas parroquias.
E xa en xaneiro, o xoves 2 terá o Paxe Real unha completa visita durante toda a tarde polas Casas da Cultura das parroquias de Ézaro, Buxantes, Olveira, Berdeogas e O Conco, Dumbría.
O peche do programa, será o venres 3 no Conco, co Obradoiro Cantámosche os Reis.

Outros programas de Nadal
- Muxia xa ten o seu programa de Nadal.
- Menudo Nadal máxico en Ponteceso.
- Os Empresarios de Ponteceso preparan un Nadal Tecnolóxico.
- Carnota non quere un cativo sen xoguetes.