Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Muxia xa ten o seu programa de Nadal

Muxia xa ten o seu programa de Nadal
Nadal en Muxia 2013

Xa temos Nadal e o Concello de Muxía presenta o seu completo programa de actividades.
Xa dende mañá venres 6 de decembro, e ata o 9, a Casa das Beiras acollerá unha mostra do pintor Xervasio Sar e as palilleiras de Muxía.

A primeira parada será a do Acuario de María Canosa este sábado 7 de decembro no Salón de Actos ás 12:00h. Con esta divertida peza teatral baseada no poemario Acuario, da coñecida escritora e presentadora de televisión María Canosa, os nenos de 5 a 8 anos coñecerán os peixes das nosas rías e peixarías e mais os seus nomes. Encargaranse da posta en escena a propia María Canosa e Teatro dos Ghazafellos.

O resto da actividades xa serán na recta final do Nadal. O venres 20 de decembro, Xesús Búa inaugurará a súa Mostra "Miña terra", ás 20:00h no Centro Social, na planta baixa do Edificio de Servizos Múltiples.
Para o sábado 21 teremos aos "monicreques de Kukas" ás 18:30h no Salón de Actos do Voluntariado.
A cita do domingo 22 será coas panxoliñas da Coral Polifónica Virxe da Barca, ás 19:00h no Salón de Actos do Voluntariado.
Sen parada, continuamos o luns 23 de decembro coa visita de Papa Noel ás 11:00 no Salón de Actos.

Xa o 28, teremos Concerto de lírica medieval galega con soprano, arpa celta e zanfona, ñas 19:00h no mesmo Santuario da Barca.
Para o 29 volve a música cas Pandereteiras de Muxía ás 18:00 no Salón de Actos.

E xa o 5 de xaneiro, a tradicional Cabalgata de Reis.

Outros programas de Nadal

Fonte

Comentarios