O Ézaro deixa a Rubén Baldomar preto do título do circuito Travesía Costa
09:48 08/09/25
Acollía onte a enseada do Ézaro unha nova proba do circuito Travesía Costa. Unha desas probas deportivas de impacto estatal, que afronta a súa recta final, unha vez que a última carreira será na Coruña o 28 de setembro.
Na distancia curta (2km), Rubén Baldomar proclamouse campión tras media hora de nado. O costeiro afronta as últimas probas buscando a primeira praza na clasificación xeral do circuito.
Mentres na distancia longa (4,5km, e 55 minutos para os primeiros), o gañador foi Unai Álvarez (do Gredos San Diego), por diante de Nil Ibáñex (do CN Atletic Barceloneta) e Lucas Costa (do CN Ponteareas).



- Fotos de Jorge Castro.