Martes. 08.10.2024
El tiempo

Ézaro énchese por verán de cultura, sendeirismo e deporte

Rutas e Cultura no veran do Ezaro
Ézaro énchese por verán de cultura, sendeirismo e deporte

Espectacular (só falta o sol) o que vén por diante na praia do Ézaro. Cultura, sendeirismo e deporte únense no areal dumbriés no marco dunha completa porgramación estival, despois de ter o foco posto no exitoso Gran Fondo Ézaro. Tres patas para darlle unha gran oferta aos visitantes e facer aínda máis atractiva turísticamente a visita á nosa comarca.

Sendeirismo

O Centro de Interpretación de Rutas do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro (o CIR ten horario de martes a domingo de 10:30h a 13:30h e de 16:00 a 18:30h) organiza unha serie de rutas guiadas semanais previa inscrición aquí:

  • Os martes: RUTA MUÍÑO DE LOUREDO.
  • Os mércores:  VISITA GUIADA INTERIOR CIR..
  • Os xoves:  RUTA ENTRE RÍOS .
  • Os venres: VISITA 360º .
  • Os sábados:  RUTA MONTE PINDO con Pepe do Fieiro (aproveiten esta oportunidade!).
  • Os domingos: VISITA GUIADA INTERIOR CIR.

Volei praia

Volei Praia no Ezaro 2021

Volve a alta competición deportiva ao areal dumbriés. Faino con varias probas de nivel aiutonómico e estatal:

  • 17 e 18 xullo: I Proba do Circuíto Galego de Volei Praia de categorías inferiores, deste verán.
  • Do 22 ao 25 xullo: Campionato de España de volei Praia, categoría infantil.

Cultura

Haberá unha sesión de cine na rúa, no marco da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña, e será este venres 17 de xullo, 22:30 h: no paseo marítimo do Ézaro, co filme para todos os públicos A Galiña Turuleca.

A fin de semaman do Apóstolo será máxica, con dúas sesións nas parroquias da man da rede Cultural.:

  • 24 de xullo, 19:00 h: Berdeogas (pista polideportiva da carballeira). O Mago Romarís. Maxia Potáxica.
  • 25 de xullo, 19:00 h: Olveiroa (praza do cruceiro). O Mago Teto. Alquimia.

Ademais Bibiloteca dumbriesa, a través do programa ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta), trae dúas propostas para a rapazada que participan nos campamentos de verán, arredor dos contos:

  • 21 de xullo, 11:00 h: A verdadeira historia de Hamelín. Moc Moc Mereclown.
  • 22 de xullo, 11:00 h: Os Contos do Avó: lendas e historias de Galicia. Moc Moc Mereclown.

Comentarios