Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A fábrica de XEAL en Dumbría, entre as 10 máis contaminantes de Galicia

Fábrica de Ferroatlántica de Dumbría
Fábrica de XEAL de Dumbría
A fábrica de XEAL en Dumbría, entre as 10 máis contaminantes de Galicia

O Observatorio de Acción Climática de Galicia vén de facer un informe sobre a contaminación de gases de efecto invernadoiro durante o 2022.

Un informe no que fai unha clasificación coas 10 empresas máis contaminantes do país. Se no alto se atopan central de ciclo combinado a gas fósil das Pontes (Endesa) e a refinaría de petróleo da Coruña (Repsol), no 10º lugar atopamos a Fábrica de ferroaleacións de XEAL en Dumbría.

A fábrica dumbriesa emitiu 102.255 toneladas de gases de efecto invernadoiro durante o 2022, sendo superior á de brens pois esta tivo dous fornos parados durante moitos meses.

A dumbriesa é a fábrica do sector da metalurxia máis contaminante do país, xa que por diante só atopamos fábricas do sector enerxético, químico e madereiro.

Comentarios