Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta aproba os 3 novos saltos no río Xallas

A Xunta aproba os 3 novos saltos no río Xallas

Levaban máis de 2 anos aparcados. Pero a Xunta recuperaba no Consello desta mañá os proxectos dos 3 novos saltos no curso do río Xallas. Trátanse dos saltos de A Fervenza II, Novo Castrelo e Ponte Olveira II, que completan os que a empresa Ferroatlántica xa explota a día de hoxe.

A presión continúa afogando a arteria de vida da bisbarra, e serán pois 8 minicentrais e 4 encoros en 9 quilómetros de río, o que o converte nun dos máis explotados do país.

Datos económicos

A Xunta quixo facer fincapé nos beneficios económicos das novas construcións. Feijoo aseguraba que se trata dun investimento de 38 millóns de euros e suporá uns 700 postos de traballo durante o transcurso das obras.

Parace así que as obras se desenvolverán, e comezarán a partir do último trimestre do 2012 para rematarse antes do remate de 2014.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios