Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Festa da Praia do Ézaro cumpre a súa 35ª edición

Cartel Festa Praia Ézaro 2022
A Festa da Praia do Ézaro cumpre a súa 35ª edición

Tralo rotundo éxito da Festa da Familia, Dumbría centra agora esforzos en preparar a volta da Festa da Praia do Ézaro. Unha festa que sumará a súa 35ª edición, unindo deportes con troula, e tamén xogos tradicionais con as máis modernas tendencias.

O sábado 6 de agosto, a partir das 16:00h arrincan os obradoiros infantís, con xogos tradicionais, xogos de hablidade, inchables… Ás 19:00h o Mago Teto fará as delicias da cativada.
Xa pola noite, Rocío Caamaño presentará o seu novo disco Embora na contorna da fervenza coincidindo case coa iluminación da mesma.

O domingo repítese o programa para a cativada dende as 12:00h, cando tamén comece a sardiñada popular.

Pola tarde celebrarase unha espectacular Carreira de Obstáculos OCR para maiores de 8 anos, coa familia de DaFIT. Ademais haberá sesións de xogos tradicionais, danza urbana e unha orquestra para pechar a festa.

Programa Festa da Praia do Ezaro 2022

Novas relacionadas

Comentarios