Galinus achega novas oportunidades de innovación no rural dumbriés


Cando coñecemos que máis de 900 veciños do Concello de Dumbría terán acceso a internet nos vindeiros meses (o Plan de Banda Larga permitirá unha rede de 7 megas), o Concello artella unha charla sobre a rede.
Será Daniel Cerqueiro, Xerente da empresa corcubionesa Galinus, Taller de Novos Medios, nai deste diario, o que falará sobre as novas oportunidades que se abren no rural galego a través da rede.
"Comunicación en internet e oportunidades de innovación no rural" é o título da charla informativa, que servirá ademais para clausurar os Talleres de Informática impartidos no concello.
Así, Daniel dará unha sesión informativa sobre o uso das novas tecnoloxías no entorno máis rural e periférico, poñendo como exemplo a súa propia empresa e o proxecto QPC.
A cita será este venres 25 de maio ás 19:00h no Conco.
Novas relacionadas
- Os empresarios de Vimianzo lánzanse ás Novas Tecnoloxías con Galinus.
- Galinus espalla as redes sociais por Baio, Camariñas e Ponteceso.
- QPC e Galinus deséxanvos unhas Felices Licorkafestas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).