xoves. 01.05.2025
El tiempo

Indurain e Chiapucci estrearon a Penelas Bikes, a revolución da bici integral "made in Costa da Morte"

Indurain e Chiapucci estrearon a Penelas Bikes, a revolución da bici integral "made in Costa da Morte"
Tomas Trillo con Chiapucci Indurain Pedro Mosquera e Pequeno na Presentacion do Gran Fondo Ezarojpg

”Por que pedalear só cos pés ou só cas mans?” Algo así debeu pensar o enxeñeiro vimiancés Tomás Trillo Pérez, que vén de protagonizar unha verdadeira revolución do mundo da bicicleta coa creación da Penelas Bikes, a “bicicleta integral” made in Costa da Morte que se presentou onte na previa do Gran Fondo Ézaro. Nada menos que Indurain e Chiapucci para estreala, antes de facer as maletas para percorrer o seu particular camiño de Santiago á inversa, realizando unha ruta polos países europeos con máis afinidad polo ciclismo como Francia ou Holanda.

A Penelas Bikes é froito da inventiva de Tomás Trillo Pérez, un novo enxeñeiro da Costa dá Morte que tras case 5 anos de duro traballo. PB é unha bicicleta, ou mellor dito, un ciclo xa que pode configurarse con 2 ou 3 rodas- que grazas ao seu sistema patentado internacionalmente permite usar brazos e pernas ao mesmo tempo. A posición recostada do usuario mellora a posición de empuxe polo que tamén aumenta a ergonomía e a potencia. Esta é a gran novidade a primeira ollada pero a versatilidad de PB é máxima. Non só permite aumentar ou reducir o número de rodas segundo as necesidades ou gustos do usuario si non que tamén é plegable e conta cun cambio integrado na roda traseira superior ao habitual no mercado.

Renovarse ou morrer

Tomas Trillo coa Penelas Bikes

Como tantas outras historias de emprendimiento nos últimos anos, PENELAS BIKES é froito do enxeño e a procura de novas oportunidades e mercados. O enxeñeiro de Vimianzo Tomás Trillo Pérez leva desde 2010 con esta idea dun ciclo máis eficiente que permita aproveitar o conxunto do corpo durante o exercicio. Trala realización dos primeiros bocetos, tarefa que compaxinaba co seu traballo nunha empresa de obra civil, chegou o mazazo da crise e a necesidade de renovarse. Foi a faísca necesaria para centrarse no “proxecto PB”. Os comezos foron arduos e complicados pero en 2012, trala elaboración case artesanal do primeiro prototipo, o resultado era suficientemente satisfactorio como para solicitar a patente que chegaría meses máis tarde.

Un dos maiores obstáculos atopados por Tomás no proceso foi a homologación, que obrigou ao rediseño de varias pezas do ciclo para adaptarse á normativa legal. É entón cando xorde a colaboración con GERCA, empresa de Vimianzo especializada na fabricación de produtos en metal e “nai” da marca de mobiliario de deseño KÜPU. Grazas ao apoio de Gerca púidose conseguir a flexibilidad necesaria para cumprir os requisitos de homologación e terminar a fabricación dun prototipo viable desde o punto legal e comercial.

Campaña por crowdfunding

En paralelo, xa se traballa para poñer en marcha unha campaña de recaudación de fondos vía crowdfunding para a súa promoción e financiamento. Sexa con dous ou con tres rodas, Galicia móvese e PENELAS BIKES é a proba viviente.

novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios