xoves. 16.10.2025
El tiempo

O BNG organiza no Ézaro unha xornada sobre o futuro do sector do mar

Programa xornadas do mar - BNG Costa da Morte copia 2
O BNG organiza no Ézaro unha xornada sobre o futuro do sector do mar

O BNG Costa da Morte organiza as "Xornadas do Mar: Presente e futuro do mar na Costa da Morte", que terán lugar o vindeiro sábado 18 de outubro no Salón do Bitácora en O Ézaro (Dumbría), a partires das 09:45h. 

As xornadas contarán con varias mesas e representantes do sector, como patróns maiores de confrarías, traballadores e traballadoras da pesca e marisqueo, e expertos técnicos do sector. O foro pretenderá analizar as principais problemáticas do mundo do mar na comarca, así como profundizar nas propostas e posíbeis solucións para o sector.

O evento será presentado por Bieito Lobeira (membro da Executiva Nacional do BNG), Rosana Pérez (deputada de Mar do BNG no Parlamento galego) e Xurxo Rodríguez (responsábel comarcal do BNG Costa da Morte).

Novas relacionadas

Comentarios