martes. 26.08.2025
El tiempo

Mazaricos e Dumbría encabezan a listaxe de concellos con máis empresas beneficiarias do PEL-Emprende

Visita institucional a Pension Rustica As Pias
Visita da comitiva da Deputación a un establecimento de Dumbría
Mazaricos e Dumbría encabezan a listaxe de concellos con máis empresas beneficiarias do PEL-Emprende

A Deputación da Coruña destina 2.758.778,28 euros ao impulso de 302 microempresas, pemes e persoas autónomas, a través da nova convocatoria das axudas PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO 2025. A iniciativa, dirixida a empresas situadas en concellos de menos de 10.000 habitantes, busca modernizar e consolidar o tecido económico local mediante a adquisición de maquinaria, ferramentas informáticas, mobiliario e equipamentos que melloren os procesos de xestión e información.

A contía das axudas oscila entre os 2.450 e os 17.500 euros por beneficiario e poden cubrir ata o 70 % do investimento. Todos os elementos subvencionables deben ser novos e estar directamente vinculados á actividade empresarial.

Perfil das entidades beneficiarias: AUTÓNOMOS

O 95 % das axudas foron concedidas a profesionais autónomos/as. Ademais, un 82 % das solicitudes concedidas pertencen a sectores estratéxicos, emerxentes ou de alto potencial para Galicia. Destacan especialmente as 124 actividades do ámbito agrícola, gandeiro, forestal e da pesca.

Impacto demográfico e económico

Os datos consolidan o impacto das axudas na fixación de poboación no rural e na dinamización da economía local. En concreto, 96 beneficiarios/as teñen o seu domicilio fiscal en concellos de entre 2.001 e 4.000 habitantes (31,79 % do total). Máis de 8.130 empregos creados ao abeiro do PEL

A comarcas de Bergantiños e Costa da Morte (45 concesións e 360.446,79 €), Barbanza (34 concesións e 377.924,76 €) e A Coruña (37 concesións e 355.894,20 €).

Entre os concellos con máis empresas beneficiarias destacan As Pontes de García Rodríguez (17 axudas e 124.688,72 € concedidos), Mazaricos (16 axudas e 208.533,39 €), Dumbría e Touro (10 axudas concedidas en cada un dos concellos). En total, o 100 % das axudas repártense entre concellos de menos de 10.000 habitantes, dos cales máis do 46 % teñen menos de 4.000.

Concello Concedidas %
concesións
Importe
concedido
% Importe
concedid
CARNOTA 5 1,66 % 35.308,71€ 1,28 %
MAZARICOS 16 5,30 % 208.533,39€ 7,55 %
MUROS 3 0,99 % 46.550,00€ 1,69 %
CABANA 1 0,33 % 12.600,00€ 0,46 %
CAMARIÑAS 4 1,32 % 31.344,90€ 1,13 %
CEE 3 0,99 % 32.900,00€ 1,19 %
DUMBRÍA 10 3,31 % 81.937,65€ 2,97 %
FISTERRA 9 2,98 % 37.290,38€ 1,35 %
LAXE 9 2,98 % 61.948,15€ 2,24 %
MALPICA 1 0,33 % 17.500,00€ 0,63 %
MUXÍA 2 0,66 % 8.789,51€ 0,32 %
PONTECESO 1 0,33 % 3.045,00€ 0,11 %
VIMIANZO 1 0,33 % 6.650,00€ 0,24 %
ZAS 4 1,32 % 66.441,20€ 2,41 %
SANTA COMBA 4 1,32 % 39.828,81€ 1,44 %
CORCUBIÓN 4 1,32 % 27.142,30€ 0,98 %
CORISTANCO 1 0,33 % 2.952,15€ 0,11 %

Comentarios