O Modesto Patrimonio: A Capela de San Marcos do Hospital

O Hospital é unha aldea situada no borde da estrada EP-3404, punto quilométrico 27. Dista da igrexa parroquial de Dumbría uns 5 Km. O nome provén dun antigo galpón convertido nun hospital para os peregrinos e camiñantes que recorrían a ruta de Santiago-Fisterra-Muxía. Pegada a este hospital había unha capela con varios santos e unha imaxe de pedra coa a advocación de San Marcos que ninguén sabe onde foron parar.

Xunto a fonte, e uns metros cara ao vendabal estaba o cemiterio. A fonte foi desplazada e reconstruída uns metros cara ao norte en 1935 polo alcalde Xan do Logoso e mais tarde foi movida xunto a ponte do río. Este lugar era o punto de encontro dos camiñantes e peregrinos procedentes de Santiago que tomaban a ruta pola Ponte Olveira ou cruzaban o río Xallas por Brandomil ao lugar de Baíñas. Neste lugar podían desviarse cara á Fisterra pasando polo lugar de Cabral (desaparecido) e Paradela para xuntarse neste lugar de Hospital.

Esta Capela foi ata o s. XVI un anexo da parroquia de Dumbría que abarcaba os lugares de O Logoso, Paradela e Hospital. Co paso dos anos foi perdendo devotos ata a súa total ruína e desaparecida. Según testimonio de persoas maiores, as imaxes desta capela foron recollidas por un veciño e danse por perdidas. O solar foi aproveitado para a construcción dunha cuadra, e o igrexario, xunto co cemiterio, quedaron partidos pola actual estrada. A uns cen metros cara ao poñente había un gran campo cun cruceiro, un soleiro e un pombar coñecido como “Campo da Festa”, terreo que aproveitaron os soldados franceses en 1809 para descansar ou facer “tropelías” pola zona. O primeiro documento encontrado que fala deste territorio é do ano 1209. Relata coma un cura do Logoso donouno ao cabildo compostelán. Outro documento do ano 1562 explica como o 15 de Setembro de 1562 otorgouse escritura foral a favor de D. Rodrigo Osorio de Moscoso, coñecido como O Marqués de Altamira, que máis tarde cederíao en foro a Juan das Touzas e á súa muller, e di:  

“El casal de Hospital do Logoso, con todas sus casas, cortes, eiras, cortiñas y herederos y su molino edificado en la Piedra dos Corvos y que se limitaba desde el arroyo do Campo que está hacia la parte de Olveiroa y la parte Nordeste, siguiendo por el camino de Paradela hasta pasar dichos ríos continuando hasta el camino en el que pasa por Bao, siguiendo por dicho camino al arroyo das Moas que está junto al Campo Barreiro que es hacia la parte de la Travesía y desde allí prosigue derecho a la parte del Vendabal por la divisoria del Coto de Buxantes y desde allí derecho al Bao Salgueiro para volver a la primera demarcación o sea al Campo de Olveiroa, mediante la pensión de doce ferrados de trigo por medida nueva de Avila y cuatro azumbres de manteca pagaderas en Santiago el día 15 de San Miguel de Septiembre de cada año”.

Do Muíño da Pedra dos Corvos que se fala na escritura, despois de 455 anos, quedan os seus restos na marxe esquerda do río de Hospital, no comenzo da cascada. Como curiosidade, neste lugar, no ano 1761, había 10 veciños, sendo os cabezas de familia: Salvador Casas, taberneiro; Pedro de Canosa, labrador, que vivía co seu xenro Ignacio Villa; Roque Agulleiro, labrador; Pedro de Quintáns, labrador; Jacobo García, tecedor e estanqueiro, Francisco de Canosa, labrador; María de Canosa, taberneira; Luis Novo, labrador, vivía coa súa nai María Pérez; Julio de Outeiro, pobre; Froilán de Arán, labrador.

Recordemos que no lugar do Logoso, a 1.400 m. do lugar de Hospital, viviu un home intelixente e emprendedor chamado Juan Grille Fernández (n.1879), coñecido como “ Xan do Logoso”. Dominaba os oficios de canteiro, carpinteiro e ferreiro. Foi alcalde de Dumbría de 1930 a 1936 e coa complicidade do seu amigo concejal Evaristo Quintáns Trillo da Filgueira de Buxantes, construíron neste lugar unha casa-escola para os nenos de O Logoo, Brazal, Paradela e  Hospital.

 

Patrimonio Pindexo

 

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”