domingo. 20.07.2025
El tiempo

Patrimonio Pindexo: A Cova do Rego do Crego

A Cova do Rego dos Cregos (Ezaro)
A Cova do Rego dos Cregos (Ezaro)
Patrimonio Pindexo: A Cova do Rego do Crego

Moito se ten falado, e se falará, dos escapados da Guerra Civil no Monte do Pindo. Pero polo territorio do Ézaro existían outros espazos menos agrestes e cercanos ás casas, camuflados como casarotas dentro de montículos de pedras coñecidos como “morosas” como as situadas no Monte do Santo ou no Rego do Crego. Hoxe imos falar dunha situada na marxe esquerda do rego que baixa da Fonte do Crego e desemboca na Central Vella do Pindo. Según as fotos catastrais do ano 1957, nesta paraxe había leiras e herbais e na actualidade está convertido nunha selva intransitable.

A Cova do Rego dos Cregos (Ezaro) 3

Esta caverna con forma de “forno” foi construída coas pedras dunha alvariza de dimensións aproximadas de 1,8 m. x 2,30 m. x 1,6 m. de alto e cuberta con dúas lousas superpostas, e dous pequenos ventanais de ventilación. Ten unha pequena porta de entrada cara o sur que estaba camuflada por un groso carballo que a tapaba, pero na actualidade este carballo xa non existe. O chan, de terra seca, estaba algo inclinado. 

Esta cova pódese visitar comodamente subindo en coche pola estrada do Mirador. Pasada a pista da dereita que conduce a cámara, está a uns 60 m. subindo, na curva a esquerda, antes de cruzar a alcantarilla sen chegar ao tramo de cemento. Hai que andar entre maleza, uns 20 m. pegado ao regato pola marxe esquerda.

A Cova do Rego dos Cregos (Ezaro) 4

A Cova do Rego dos Cregos (Ezaro) 2

A Cova do Rego dos Cregos (Ezaro) Mapa

Pódese localizar nas coordenadas UTM-ETRS89: X- 490110; Y- 4751583

Novas relacionadas

Patrimonio Pindexo

 

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”

Comentarios