O Modesto Patrimonio: As pozas do Carboal de Buxantes

Estamos no verán, tempo de vacacións, descansar, tomar o sol,  pasear ou ir as praias. Estase poñéndose de moda ir bañarse as pozas dos ríos que teñan fochancas, tomar o sol sobre as rochas ou estar a sombra, mellor se teñen unha carballeira no seu entorno. Un lugar que reune parte destas características son as coñecidas como Pozas do Carboal de Buxantes.

Chegar a este lugar é algo complicado. Na estrada DP – 2302, no kilómetro 7,050 hai que coller un camiño de carro cara o norte para baixar a través dun estreito carreiro, entre carballos, pola ladeira do monte sobre terreo blando e resbaladizo, en tempos de choiva, faise perigoso, e xa se chega ao sitio. Pero sería interesante contar algo da súa xeografía e historia.

O río que forma estas pozas, en pequenas cascadas, é coñecido nos mapas como Río de Brens, aínda que no traxecto pola parroquia de Buxantes vai tomando o nome do lugar por onde pasa. Nace na  Fonte da Pelexa a 420 m. sobre o nivel do mar e desemboca na Ría de Corcubión na paraxe da Pontella de Brens, despois de recorrer 10,7 km. Non é moi caudaloso, estando alimentado polos seguintes regatos. Pola marxe dereita: O Rego do Fiás, Rego do Marco do Couto, Rego das Neves e O Rego das Brañas Edras. Facía moer 18 muíños na parroquia de Buxantes e 15 na parroquia de Brens, así como 14 batáns, un deles moi antigo no lugar de Busto, dos que só quedan restos.

Un dos muíños máis antigo estaba ao sur do lugar do Carboal, coñecido como Muíño Vello ou tamén Muíño das Brañiñas. Según un inventario do ano 1761 era compartido entre Francisco Trillo e Antonio García do Carboal que daba servizo a catro veciños. Tiña a porta polo leste de 1,25 m. de altura e gravado no dintel da porta “CAIXA AIROS”, rodeado de carballos. Uns 800 m. augas abaixo hai unha paraxe coñecida como Muíño de Pou porque un empresario catalán, dedicado á fábrica de salazóns en Corcubión chamado Pou, decidiu comprar una finca de monte en Brens, coincidindo cos límites territoriais de Dumbría e Cee.

Por la marxe esquerda do río de Buxantes construíu un muíño de maquía con dous reducios e un gran cubo de almacenamento de auga. O Instituto Nacional de Estadística do ano 1940 reseñabao como unha casa de labor onde habitaban sete persoas. Este muíño sería vendido más tarde á familia “Gordo” do lugar de Razo de Brens. Uns metros augas abaixo existía unha pontella para ir ao lugar de Razo, xa desaparecido.

Sobre o ano 1905 un empresario de Cee chamado Juan Cereijo Fernández, que máis tarde sería alcalde de Cee, construíu una central hidroeléctrica nesta paraxe. Tomou a auga do río de Buxantes mediante unha presa, producindo electricidade para abastecer á Vila de Cee a través dunha líña eléctrica polo Monte da Armada. Esta obra provocou un preito por cortar o suministro da auga a un batán situado 100 m. aguas abaixo. O batán deixou de funcionar, en ruínas na actualidade. A central hidroeléctrica estaba no concello de Dumbría, mentras que as vivendas, separadas polo Rego de Xebedo, pertenecían ao concello de Cee. O concello de Corcubión, con contrato de “Electra del Jallas”, tiña mal servizo e decidiu contratar á empresa de Cereijo. O resultado foi desastroso para os veciños, tomando o nome de “Electra Fallas”, o que provocou o seu peche.

Novas relacionadas

Patrimonio Pindexo

 

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”