Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Dumbría rendirá homenaxe ás súas mulleres protagonistas do proxecto Contos do mar

Mulleres do Contos do Mar de Dumbria
Algunhas das mulleres dumbriesas protagonistas do proxecto Contos do Mar
Dumbría rendirá homenaxe ás súas mulleres protagonistas do proxecto Contos do mar

Contos do Mar é un dos proxectos de recuperación da memoria cultural máis fermosos da última década na Costa da Morte. Ducias de mulleres de Carnota, Dumbría e Fisterra recollían en píldoras audiovisuais sobre o seu pasado vinculado co mar.

Pero ademais, a colleita etnográfica realizada con estas mulleres neste proxecto desenvolto pola Confraría do Pindo coa axuda do GALP 4, foi aproveitada para realizar unhas audioguías ficcionadas da man de Patricia de Lorenzo do Grupo Chévere. “Unha audiogúia en clave feminina onde se lle da voz ás mulleres do Ézaro para coñecer de primeira man a historia do pobo, a destas mulleres e as das que xa non están”, explica Ada González, a comprometida técnica de turismo de Dumbría, absolutamente implicada no prioxecto.

Estas son algunhas das píldoras creadas.

O caso é que se polo Pindo xa puideron escoitarse, coa pandemia polo medio e demais circunstancias, as dumbriesas aínda non puideron saber como soan as súas historias da man de Chévere.

O Concello dumbirés, consciente ademais de que o tempo corre para estas mulleres, fontes primarias de sabedoría, quere renderlles a súa merecida homenaxe, a está programando un acto para agradecerlles a súa especial participación. As mulleres poderán facer a visita guiada escoitando as audioguías, e saber que é o que escoitan centeos de visitantes que proba esta singulares rutas.

Contaremos como lles foi.

Outras novas

Máis novas do proxecto

Comentarios