Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A Multifesta da Praia do Ézaro volveu á area

Festa da Praia do Ezaro 2022
O baile do cañoto, un dos momentos da Festa da Praia do Ezaro 2022-Foto-Juan Louro
A Multifesta da Praia do Ézaro volveu á area

A area do Ézaro volveu calzar o vestido de festa, ou máis ben os vestidos, para a Multifesta da Praia do Ézaro. Nada menos que a 35ª edición desta singular festa familiar, na que os deportes e a troula maridan co bo xantar.

Foron dúas tardes de disfrutar cas actividades sobre a area. Dende xogos infantís e tradicionais, xogos de habilidade, a Carreiras de obstáculos ao máis puro estilo OCR gracias á vinculación da familia DaFIt co concello dumbriés. Espectacular foi a actuación do baile de danza moderna da familia deportiva.

Festa da Praia do Ezaro 2022-Foto-Juan Louro
Carreiras OCR-Foto-Juan Louro

Un dos momentos máis esperados é o do baile do cañoto, divertido espazo para arrimar.

A noite do sabado completouse co concerto de Rocío Caamaño, que estreaba o disco Enbora na contorna dunha fervenza que ademais tornouse chea de luces.

A do domingo arrincou ao cheiro das sardiñas, e completouse coa actuación da Orquesta Panamá.

Festa da Praia do Ezaro 2022-Foto-Juan Louro 2
Foto: Juan Louro

Nesta publicación dase conta ben da variedade de actividades que se desenvolveron sobre a area:

Comentarios