O Muro do #GranFondoÉzaro continúa aumentando a súa lenda
A proba deportiva confírmase como gran motor económico-turístico da Costa da Morte

Máis de 1300 ciclistas convertiron a Costa da Morte no punto de mira de todo o ciclismo mundial nesta nova edición do Gran Fondo Ézaro, celebrado este domingo 7 de xullo. A proba máis bonita de Galicia, e única proba española do circuito UCI Gran Fondo World Series, demostra a potencialidade económica e turística do deporte, convertindo a nosa zona nun verdadeiro foco de atracción.
O pelotón deixou imaxes espectacular ao seu paso por Dumbría, Cee, Muxía, Muros e Carnota, e milleiros de afeccionados ateigaron as estradas para ver aos veloces corredores. De excepción era o ambiente da subida ao Ézaro, con mareas de xente animando a todos os ciclistas, algo que só se pode ver nas tres grandes probas do ciclismo mundial.
Ademais, a organización vai camiño do 10. “En liñas xerais podemos dicir que foi o mellor o mellor ano, en canto organización, en canto participación, en canto ambiente. Cada vez o temos máis rodado, e os corredores están máis cómodo”, explica César Ferrío, un dos grandes motores deste espectáculo deportivo.
Uns corredores seguen incidindo na dureza da proba, do complicada que é de rematar, sobre todo a parte final, con ese Muro de Formigón xa lendario no circuito.
Imaxe da saída cos alcaldes e alcaldesas dos Concellos da zona-Foto-Jorge Castro
Motor turístico
Ambientazo no Muro-Foto-Bichocleta
Un dos puntos que compre resaltar, é a incidencia económica que deixa esta cita deportiva. Foi complicadísimo para moitos dos máis rezagados corredores atopar aloxamento durante toda a fin de semana en toda as comarcas de Soneira, Fisterra e Carnota-Muros. Mesmo houbo ducias de corredores que aproveitaron toda a semana para vir coa familia e ir adestrando, levando parte das vacacións familiares á nosa bisbarra. Familias que, de seguro, volverán sen a premura da bici.
No deportivo
Chiapucci no Muro do Gran Fondo Ezaro-Foto Javi Lareo Bichocleta
Máis de 3 horas e media tardaron os ciclistas en percorrer os 145 km da proba longa, deixando uns resultados interesantes. Finalmente venceu, por segundo ano, o portugués David Vaz (Amigos do Desporto), con case medio minuto de vantaxe sobre o pontevedrés Ángel Sánchez (Oporto).
En categoría feminina, Mónica Daza (Bera Bera) foi a vencedora sobre María Gómez e Arantxa García. A muxiá Barca Toba, foi a primeira da ruta curta.
A muxiá Barca Toba-Foto-Jorge Castro
Este ano, parece que a noite anterior non se lle fixo tan longa a Claudio Chiapucci, e si que puido lucir un gran estado de forma. Se ben quedou ca proba curta, fixo un fantástico 15º posto, moi por diante dun Óscar Pereiro, que non pasou do 74º posto, xusto por detrás de Álvaro Pino, outro dos ilustres que non se quixo perder esta xa mítica proba galega.
Mirador de Ézaro. 🌄
— 123acorrer (@123acorrer) 7 de xullo de 2019
Rampas del 30%. 🔥
Miguel Indurain, 5️⃣ veces campeón de @LeTour, se retuerce sobre la bici. 🚴🏻♂️
TITÁNICO.
¡No hay pendiente que se le resista a nuestro embajador #123aCorrer!
Ni las del @granfondoezaro. 😏 pic.twitter.com/YYsUfCbEgj
Ao que si que se lle atrangou o Muro de formigón foi ao gran Miguel Indurain, que quedou no 130º da xeral sufrindo, e de que xeito, para superar a curva máis ateigada do circuito.
Outras das figuras que tamén participaron foron Pavel Tonkov (12º na longa). Ademais, o primeiro costeiro puido ser o coristanqués Jose Alberto Soutullo, co CC Monteneme Calvo, que quedou na 10ª posición.
Fotos de Jorge Castro
![Arantxa García subiendo el muro-Foto-Jorge Castro 1]()
Arantxa García, que gañou na categoría 35-39 e levou un maillot multicolor UCI, ao seu paso polo Muro-Foto-Jorge Castro![Subindo o Muro do Gran Fondo Ezaro en familia-Foto-Jorge Castro]()
Subindo o Muro en familia-Foto-Jorge Castro![Peloton do Gran Fondo ao seu paso polo Ezaro-Foto-Jorge Castro]()
![Subindo o Muro do Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro]()
Novas sobre o Gran Fondo
- Presentación 2019: O Gran Fondo Ézaro, “a delicatessen das probas ciclistas”, volve achegar á Vuelta á Costa da Morte.
- GF 2018: O Gran Fondo Ézaro supérase a si mesmo.
- Gran Fondo 2017: Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado.
- Vuelta 2016: La Vuelta volveu subir o Formigón do Ézaro e deixar a súa pegada na Costa da Morte.
- Gran Fondo 2016: O Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte reafírmase como referente nacional e como ideal reclamo turístico.
- Gran Fondo Ézaro 2015: Indurain e Chiapucci da man ata o Mirador do Ézaro.