Mércores. 01.12.2021
El tiempo

Novo accidente na comarcal AC-552 a altura de Dumbría

Novo accidente na comarcal AC-552 a altura de Dumbría

A estrada comarcal AC-552 volveu ser protagonista dun accidente nesta mañá de luns 31 de xaneiro de 2011. Dous turismos colisionaban no km.81, no Concello de Dumbría, a altura da ponte de Dumbría e a 200m do cruce de Berdeogas. O suceso ocorria arredor das 8:30h da mañá e ás 10:00h aínda estaba a estrada cortada e os axentes da Garda Civl seguían desviando pola estrada vella aos coches.

Segundo informan dende o 112, a Garda Civil solicitouaxuda a Emerxencias para limpar as pedras que había na calzada que supostamente cairan dun camión.

Hai dúas persoas feridas, I.E.L., de 51 anos, e F.S.L., de 47, que tiveron que ser trasladados ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios