![rexistro-galineiros-gripe-aviar]()
Os donos deberán cubrir un formulario coa localización do galiñeiro e do número de aves que o compoñen
Trinta e cinco concellos galegos, entre os que se atopan os de
Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas, están obrigados a elaborar un rexistro dos galiñeiros existentes independentemente do número de aves que o compoñan. Ésta é unha
medida preventiva posta en marcha pola consellería do Medio Rural, a través d a orde APA/2442/2006, de 27 de xullo, do ministerio de Medio Ambiente e que se reactiva debido a que
nos últimos meses detectáronse en Europa e no territorio nacional varios casos do virus en aves silvestres e de curral.
A alta presenza de humidais nestes municipios da bisbarra establece que son "zonas de especial vixiancia" debido á gran cantidade de aves migratorias que hai na zona e que poden ser portadoras do virus.
Desta forma, os propietarios e propietarias dos currais ubicados nos citados municipios deben colaborar na
elaboración deste censo de galiñeiros familiares cubrindo un formulario que está á súa disposición nas dependencias municipais, nas oficinas agrarias comarcais e na consellería do Medio Rural. Neste formulario deberán indicar a localización das explotacións, o número de aves e o fin delas, que na súa gran maioría é o autoconsumo. En todo caso, dende a consellería de Medio Rural indican que
a medida non ten ningún fin fiscalizador.
Currais cubertos
A normativa tamén establece que nos concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Ribadumia, Cambados, A Illa de Arousa, e Vilanova de Arousa, as persoas que críen aves de curral deben recluílas en espazos cubertos. No caso de non contar con instalacións cubertas, e sempre que os comedeiros e bebedeiros das aves estean illados do exterior, pódense manter as aves no exterior cubertas cunha malla paxareira ou dispositivo similar que impida o contacto con aves silvestres. No caso de que se críen parrulos ou gansos debe facerse separadamente das demais especies de aves se as houbera.
Nos concellos de Ortigueira, Cariño, Ribeira, Porto do Son,
Dumbría, Mazaricos, Vimianzo, Zas, Ribadeo, Trabada, Vilar de Santos, Sandiás, Porqueira, Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Moaña, Vilaboa, Marín, Vilagarcía de Arousa, Meis, e Poio, as anteriores medidas de protección non son obrigatorias, aínda que a consellaría do Medio Rural entende que son recomendables, especialmente
gardar os comedeiros e bebedeiros en instalacións cubertas así como non subministrar ás aves criadas auga procedente de correntes superficiais ás que puideran ter accedido aves silvestres.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Consellería do Medio Rural