O Ézaro, impecable capital do Salvamento e do Socorrismo
08:28 16/07/18
Así de cheo estivo o Ézaro durante o Campionato de Espana Xuvenil e Junior de Salvamento e Socorrismo no Ezaro-Foto-Jorge Castro
Despois da cita cas categorías cadete e infantil da pasada fin de semana en Laxe, o areal de Ézaro collía o relevo como centro nacional do mundo do Salvamento e Socorrismo. Dumbría acollía unha nova cita deste deporte, o Campionato de España de verán Xuvenil e Junior, ao que acodían uns 400 participantes de 120 equipos chegados de toda a xeografía española. Unha demostración de como o deporte se pode convertir en motor económico, coa chegada de centos de persoas a un evento deportivo, que logo volverán, seguro, como meros visitantes.
Fotos de Jorge Castro
E gran ambiente viviu toda a fin de semana no areal do Ézaro. O tempo acompañou, sen chuvia e tampouco sen demasiado calor para todas as probas de sprint, relevo sprint, nadar surf, relevo de salvamento con tubo de rescate, carrera con ski de salvamento e rescate con táboa de salvamento.
En canto aos resultados, o Club Salvamento Sada colouse entre os mellores de España, situándose como terceiro mellor equipo de España nas categorías junior e xuvenil, por detrás do Club Noja Playa Dorada, o campión de España en ambas categorías.
Campionato de Socorrismo e Salvamento do Ezaro-Foto-Rafa Quintans
Campionato de Socorrismo e Salvamento do Ezaro-Foto-Rafa Quintans
Campionato de Socorrismo e Salvamento do Ezaro-Foto-Rafa Quintans
A organización, a cargo da Federación Galega e do Concello de Dumbría, impecable, segundo todos os clubs participantes. Poden ver a incidencia do campionato a través do twitter co cancelo #SOSDumbría.
https://www.facebook.com/ConcelloDeDumbria/videos/1752478158135066/?t=33
Campionato de Espana Xuvenil e Junior de Salvamento e Socorrismo no Ezaro-Foto-Jorge Castro
Campionato de Espana Xuvenil e Junior de Salvamento e Socorrismo no Ezaro-Foto-Jorge Castro
Campionato de Espana Xuvenil e Junior de Salvamento e Socorrismo no Ezaro-Foto-Jorge Castro
Algúns medallistas do Campionato de Espana Xuvenil e Junior de Salvamento e Socorrismo no Ézaro 2018