Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Calo

O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Calo
Cruceiro de Calo-Muxia-Foto-Modesto Cruceiro de Calo-Muxia-Foto-Modesto Si viaxamos do lugar de Trasufre (Muxía) a Senande pola pista da Capela da Santiña, o primeiro que atopamos é o lugar de Calo. Chámanos a atención que no bordo dereito do camiño e xusto á entrada do lugar existe un cruceiro coñecido como O Cruceiro de Calo. Segundo me dixo unha veciña de avanzada idade, foi construído por unha familia rica do lugar coñecida como Casa dos Lemas, que xa non existe. Contoume que Domingo Graíño, de profesión canteiro, natural de Ameixenda, casouse con María Lema, deste lugar, a comezos do s. XX. Suponse que por motivos relixiosos construíu este cruceiro ao bordo do camiño de entrada ao lugar. Casa da familia Lema de Calo-Foto-Modesto Casa da familia Lema de Calo-Foto-Modesto Este sufriu dous accidentes: o primeiro foi por un temporal que o derribou, aínda que algúns o achacan á maquinaria das obras das pistas da concentración parcelaria. Reparouno un marmolista de Vimianzo, encolando as pezas rotas. O segundo accidente foi motivado polo guindastre dun camión de madeira a comezos do ano 2000. O detrozo, valorando os danos en 1,5 millóns de pesetas e o seguro non se quixo facer cargo da reparación. Logo de varias intentos polos alcaldes do municipio levárono a reparalo a un taller de pedra en Pontevedra. Esperemos que dure moitos anos neste lugar. Pódese localizar nas coordenadas UTM(29ED50): X = 488746; E = 4764669. Cruceiro de Calo-Foto-Modesto  

Novas relacionadas

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios