Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Os lavadoiros de Dumbría

O Modesto Patrimonio: Os lavadoiros de Dumbría
Lavadoiro da fonte de Sarteguas-Dumbria-Foto-Modesto Garcia Quintans Lavadoiro da fonte de Sarteguas-Foto-Modesto García Quintáns Se retrocedemos no tempo unhas cantas décadas, temos que recordar o sacrificio que facían as nosas lavandeiras, que chovendo ou nevando, marchaban para o río ou a fonte a lavar a roupa da familia. Alí ían cargadas co cesto, as perneiras, e a “banqueta”, que era unha especie de caixón aberto por un lateral, sin esquecer o xabrón feito na casa con grasa e sosa. Alí pasaban horas, de nocellas, restregando e golpeando contra o lavadoiro de pedra plana metido na auga. Os tendais eran improvisados, sobre os toxos, silveiras, herbais, paredes, formando unha paisaxe especial. O sol era como un produto químico que eliminaba aquelas manchas rebeldes. Cada veciño tiña o seu lavadoiro privado que se compartía. Era un lugar de tertulia veciñal, como na actualidade unha revista de cotilleo, onde se repasaban as novas e as intimidades parroquiais e tamén “onde se lavaban os trapos sucios”, tendo moito coidado de falar baixiño por se “había roupa tendida”. No concello de Dumbría, sobre a década dos anos 70, o alcalde Jesús Manuel Gómez Doval (do 22-09-1971 ao 23-05-1983) realizou unha grande inversión na construción de lavadoiros con formas de alpendres cubertos con placa de formigón polos distintos lugares do concellos. O constructor encargado das obras era coñecido como “Xan dos Coños”. Lavadoiros publicos de Dumbria-Modesto Garcia Quintans Lavadoiro da Fonte de Buxan-Dumbria-Foto-Modesto Garcia Quintans Lavadoiro da Fonte de Buxán--Foto-Modesto García Quintáns  

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios