Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Recordando o día máis angustioso de Xesús

O Modesto Patrimonio: Recordando o día máis angustioso de Xesús
Xesus Trillo despois de 50 anos da penuria-Foto-Modesto Garcia Quintans Xesús Trillo, despois de 50 anos da penuria-Foto-Modesto Garcia Quintans Xesus Trillo no Peton da Canabeira-Foto-Modesto Garcia Quintans Xesús, no Petón da Canabeira-Foto-Modesto Garcia Quintans Tivemos a ocasión de falar co veciño Xesús Trillo García do lugar de Anseán (Buxantes) e recordar aquel triste día do 27 de setembro do 1965 no que a punto estivo de perder a vida enganchado pola cabeza baixo un petón cando contaba con 10 anos. Como moitos dos seus veciños novos descoñéceno, ímolo contar. Xesús, xunto con José do Torrado, saíron unha mañanciña cedo a pastar as vacas ao monte da Canabeira no lugar de Anseán (Buxantes). A véspera enterouse de que Luis, da Casa do Bernaldo, perdera unha pelota ao caerlle pola fenda do Petón da Canabeira. Intentou recuperala meténdose pola fenda do petón ata alcanzala coa man, pero xa non puído retroceder ao quedar enganchado pola cabeza. Nervioso, berrou por José que intentou sacalo tirando polas pernas, pero non foi capaz. Era a hora de xantar e baixou correndo á aldea a pedir auxilio. O primeiro que encontrou foi Xan do Camaño, estudiante no seminario e primo de Xesús. Este avisou ao seu irmán Manolo que, urxentemente, montado a cabalo, foi buscar ao seu pai que traballaba nas obras das pistas da concentración parcelaria. Coa colaboración dos veciños do lugar e o seu entorno trataron con palancas de madeira forzar a rocha sin resultado favorable. Determinaron traer a máquina-pala das obras pero desistiron por medo a que calquera manobra incontrolada lle aplastara a cabeza. O tempo trancurría e Xesús, enganchado pola cabeza, encontrábase angustiado e os pais desconsolados. Un veciño recordoulle aos presentes que o Macho de San Crimenzo tiña un gato mecánico que o usara para levantar un teito. Alí se desprazou urxentemente un veciño a cabalo para traer o gato. Por fin, co trebello forzaron a rocha e lograron sacalo da fenda coa cabeza inchada e a cara rabuñada cando comezaba a anoitecer. Era a véspera de San Campio e a nai tomouno coma unha milagre do Santo. Aquela noite marchou con el ofrecido a San Campio de San Ourente de Entines, prometendo que mentras vivira asistiría á misa tódolos anos o día do Santo. Hoxe, despois de 50 anos, pode contalo como unha anécdota.
  • Modesto García Quintáns.
 

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios