Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes

O Modesto Patrimonio: Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes
Ermita das Neves Buxantes Dumbria Ermita das Neves Visitar a paraxe da Fonte Santa onde se encontra a Ermida das Neves de Buxantes é unha gozada polo silencio e a tranquilidade do terreo. Pódese chegar en coche por unha pista asfaltada que sae da estrada EP-2302 que une Brens coa factoría Ferroatlántica. Tómase un ramal no Qm. 3,9 que conduce ó lugar de Figueiroa, nun treito de un quilómetro e medio. Lugar de Figueiroa Lugar de Figueiroa Postos neste lugar, podemos vamos repasar un pouco a súa historia. Son tres veciños: Casa do Castros, Casa de Consuelo, antes Casa do Pesco, e a Casa de Pais. Están moi ben comunicadas entre sí por rúas de cemento onde antes eran “cañeiras de mato”. Cruz de Figueiroa de Buxantes copia Cruz de Figueiroa de Buxantes Empotrado no alto dun muro no lateral dun cobertizo podemos ver a cruz dun cruceiro que no século pasado estaba no camiño sacramental na Costa da Carballa e que por as razóns que descoñezo rompeu e a cruz foi colocada alí. Os datos que podemos aportar sobre este lugar sacámolos do Catastro da Ensenada do ano 1761. Sabemos que había dous veciños: Domingo de Castro e José Bermúdez de Castro, viúvo de 75 anos con dos fillos. Debían ser familiares, quedando como alcume a casa “dos Castros”. Máis tarde apareceu outro veciño, Francisco Pais Maceiras que según algún documento procedía de Fontecada (Santa Comba) e vivíu nunha casa moi antiga coñecida como “Casa do Pesco”. Esta casa tiña sobre o lintel da porta unha estrela de David, símolo do xudaismo ou Selo de Salomón, do estilo da Casa Pailos de Regoelle en Olveira. Francisco tivo varios fillos, entre eles Ramón e outros que emigraron a Argentina. Sabemos que Ramón era carpinteiro por un documento que conta que fixo dous confesionarios para a igrexa parroquial no ano 1874 e varias reparacións na ermida das Neves. Desta familia saíu un rexistrador, un maestro e un xogador de fútbol do Zaragoza. Como anécdota, contaban os veciños que o rexistrador sacou a carreira memorizando os textos no monte cuidando as ovellas. Tivo algún problema á entrada nos exámenes na Universidade de Santiago pola vestimenta, levando os zocos como calzado. Continuamos a ruta pola pista asfaltada nun treito de un quilómetro e chegamos ó campo da ermida. A esquerda temos un cruceiro ó pé da famosa Fonte Santa, en estado de abandono; á dereita un muro de contención, con escaleiras de subida onde se encontra a ermida e de fronte un arborado cos restos dun edificio que era o antigo Caserío da Fonte Santa, destruído pola tropas francesas no ano 1809. Fonte das Neves Fonte das Neves Neste punto, encrucillada dos camiños reais de Fisterra a Santiago e de Muros a Muxía, existía unha pousada. Descoñecemos a orixe desta capela, pero sospeitamos que naceu como un pequeno oratorio á beira dunha fonte que tomou o nome de Fonte Santa na época de maior esplendor relixioso na comarca influenciado pola comunidade benedictina dos Mosteiros de Baíñas, Ozón e Moraime. Sabémolo, polo testimuño escrito do coengo Jerónimo del Hoyo en 1606, que di: “Hay una Ermita de Nuestra Señora de La Fuente Santa, por lo que tiene muy buena y grande fuente; un poco má abajo posee una gran pila redonda. Tiene 16 ferrados de trigo de renta y piezas de ganado en el monte…”. A primitiva capela, de cantería, debeu quedar pequena e foi ampliada en 1791 usando parte da sillería primitiva na fachada oeste; por iso ten dous campanarios. A porta de entrada ten forma de arco de medio punto cunha cruz central de releve. Sobre o dintel ten un pequeño rosetón duns 0,3 m. de diámetro labrado nunha soa peza. Ten tres corpos en forma de radio que teóricamente xiran ó redor do mesmo eixe. Este é un símbolo celta coñecido como “trisquel” usado por los Druídas (autoridade relixiosa celta) coa crenza de que as tres espirais manifestaban a enerxía divina, así como os tres elementos en equilibrio como a auga, a terra e o aire; o corpo, a alma ou o espíritu, traspasados máis tarde á trinidade cristián como Pai, Fillo e Espíritu Santo. Máis arriba existe un ventanuco que reúne certas características astronómicas: está colocado de tal forma que os últimos raios do sol no solsticio de verán, que coincide sobre o 21 de Xuño, festa de San Xoán, atravésana para proxéctarse sobre o sagrario. Todas estas crenzas populares fixeron deste lugar un multitudinario atractivo relixioso e curativo. A veciña Manuela de Pais (q.e.d.) contoume que sobre o lintel da porta lateral do norte da ermida existía unha estrela de David grabada, semellante á do lugar de Figueiroa, e sobre o ano 1915 o cura D. Ramón Fernández Porto mandou borrala. Puerta principal de entrada da Ermida das Neves-Buxantes-Dumbria Porta principal de entrada da Ermida das Neves-Buxantes-Dumbria Este lugar, tan concorrido no pasado, ten un grande problema pola falta de espazo, motivado pola concentración parcelaria. Salvo o recinto amurallado e un trozo do lateral norte doado por un veciño, o demáis é propiedade privada. Non se concibe que A Fonte Santa, orixe deste Santuario esté dentro dunha propiedade privada. A historia desta Ermida está publicada nunha revista do ano 2013, coñecida como “Santuario das Neves”.  

Olla outros artigos do Modesto Patrimonio

Comentarios