Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría volve ao río en Portugal

O Piragüismo Dumbría volve ao río en Portugal

Esta fin de semana arrinca a tempada para o CDM Piragüismo Dumbría, coa disputa como xa vén sendo tradicional en Vilanova de Cerveira (Portugal) da Copa Ibérica de Slalom, que por primeira vez puntua para a Copa Galega de Slalom.
Nesta competición participan os máis importantes clubes de Galicia é Portugal, i é un excelente test para iniciar a tempada.

En canto á delegación do CDM Piragüismo Dumbría, este viaxará coa seguinte representación:

  • Aarón Nuñez K1 Senior.
  • Andrea Perez K1 Xuvenil.
  • Marco Oreiro K1 e C1 Cadete.
  • Iago Canosa K1 Cadete.
  • Javier Trigo K1 Cadete.
  • Laura Antelo K1 Cadete.

Unha inscripción de luxo, se pensamos que a metade dos nosos representantes, Andrea, Marco e Iago son Campeóns Galegos deste exercicio. A única dubida da wxpedición do clube da costa da morte é a presencia precisamente de Andrea Pérez por motivos academicos, i é que esta competición ainda é moi cedo, prácticamente de pretemporada, e os estudos sempre son o primeiro.

Ademáis acudirán a competir coma abridores Martin Quintáns, Monchi Lado, Kiara Martinez e Andrea Souto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do CDM Dumbría da man de X. Henrique Portela.

Comentarios