Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os Porsches invadiron a fin do mundo

Os Porsches invadiron a fin do mundo

Este domingo, unha caravana de Porsches atravesaron a Costa da Morte. Os membros da Retro Auto Galicia, Salón do Vehículo Clásico e de Época en Santiago de Compostela, facían unha visita á nosa comarca. Comezaron por Carnota, e despois de parar no Ézaro achegáronse ata o cabo da fin do mundo.

Precisamente vemos a chegada dos máis de 40 impresionantes vehículos ao faro da fin do mundo da man de Xusto Gómez, que estaba atento á invasión dos Porsches. Coches chegados dende toda a península, habendo unha boa participación portuguesa.

O Concello fixo unha recepción no Faro, e o alcalde e o Teniente Alcalde entregaron unha Fisterrana ao presidente da entidade.

A ver cando volven, pero xa van 2 visitas no último ano. E que sexan moitas máis.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios