Venres. 26.04.2024
El tiempo

Piden que se elimine unha placa na antiga escola de Bustelo en cumprimento da Lei de Memoria Histórica

Placa Franquista en Bustelo
Esta é a placa da antiga escola de Bustelo
Piden que se elimine unha placa na antiga escola de Bustelo en cumprimento da Lei de Memoria Histórica

Xaime Trillo, o responsable do BNG de Dumbría, vén de solicitar ao Concello que cumpra a lei de Memoria Histórica e retire unha placa existente na antiga escola de Bustelo na que se pode ler “Plan Nacional de construcciones escolares 1959”, acompañando ao escudo franquista.

“A lei de memoria histórica é, como calquera outra lei, de obrigado cumprimento, polo que requerimos ao alcalde que a execute, que retire ese ou calquera outro vestixio existente nos edificios ou rúas do noso concello”, declarou Trillo.

Lembra a homenaxe que o ano pasado lle fixo o concello homenaxeaba, no seu Ézaro natal, a Manuel Rodríguez Louro, Marrolas, da man da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. E o pon de exemplo para continuar co traballo de retirada da simboloxía franquista de Dumbría.

Xaime Trillo do BNG de Dumbria
Xaime Trillo tapou a placa como acto simbólico

Novas relacionadas

Comentarios