Luns. 30.11.2020
El tiempo

A historia do "Marrolas" en Mauthausen xa ten libro e placa conmemorativa

A historia "Marrolas" xa ten a súa placa conmemorativa no Ezaro-Foto-Maribel Longueira
A historia "Marrolas" xa ten a súa placa conmemorativa no Ezaro-Foto-Maribel Longueira
A historia do "Marrolas" en Mauthausen xa ten libro e placa conmemorativa

Libro de Francisco Fdez Naval sobre ManuelRodriguez Louro o dumbries en Mauthausen

Despois da presentación dun libro en Malpica, tocoulle ao Concello de Dumbría render homenaxe á sua memoria. Un pasado escuro, sobre o que cómpre dar algo de luz, recuperando a historia para que non esquezamos os nosos erros. Como fixera en 2006, o Concello dumbriés quixo ter o seu acto para lembrar a Manuel Rodríguez Louro, o “Marrolas”,, mariñeiro do Ézaro que deportado ao campo de concentración de Mauthausen e gaseado no castelo de Hartheim aló polo 1941, con apenas 25 anos.

Fíxoo, da man Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, esta fin de semana co descubrimento dunha placa na fachada lateral da Casa de Pedro do Ézaro, e a presentación do libro "Do monte Pindo a Mauthausen”, escrito por Francisco Fdez. Naval.

Primeiramente tivo lugar no edificio Bitácora a presentación do libro. A presencia de numerosos familiares e de moita interesada no asunto fixo que non puidesen entrar todos, pero a cita serviu para lembrar a aquel que loitou pola liberdade. “Honor e memoria para quen loitou contra o fascismo”, lembraron durante a homenaxe.

Homenaxe ao Marrolas no Ezaro
Francisco Fernández Naval; Juan Carlos Rodríguez, sobriño de Manuel Rodríguez Louro; e Carmen Rodeja da ARMH, durante a presentación do libro-Foto:Maribel Longueira

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Compartimos algunhas imaxes do acto de homenaxe a Manuel Rodríguez Louro, Marrolas, veciño do Ézaro deportado ao campo de concentración de Mauthausen que tivo lugar hoxe no Ézaro. Sentimos que non puideran entrar todas as persoas que se achegaron á presentación do libro escrito por Francisco Fernández Naval, e agradecemos as todas as persoas e familiares que participaron nel; e Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica @armh_memoria por facelo posible. Dende hoxe na Casa de Pedra do Ézaro luce unha placa para recordalo para sempre. Honor e memoria para quen loitou contra o fascismo. #dumbríaécultura #historia #Dumbría #OÉzaro #memoriahistórica #ManuelRodríguezLouro

A post shared by Concello Dumbría (@concellodedumbria) on

Biografía de Marrolas

Manuel Rodíguez Louro “Marrolas” naceu en O Ézaro, concello de Dumbría, o 15 de maio de 1916. Era marinero. Fuxiu con outros moitos mozos ao Monte Pindo na primavera do ano 1937, para fuxir das levas militares franquistas, escapan por mar e chegan a Bristol en outubro. En Inglaterra se lles deniega a entrada e son deportados á España republicana, entrando en Cataluña desde Francia. Trala derrota, Manuel Rodríguez Louro, o seu irmán Joaquín, Manuel Piñeiro, e Miguel pasan a fronteira. Piñeiro falece no campo de concentración de Agde-Herault. Miguel e Joaquín conseguen embarcar no Winnipeg, o barco fletado por Neruda e Manuel é confinado no campo de Argelès-sur-Mer. Posteriormente será mobilizado nos batallóns de traballo do exército francés. Trala derrota de Francia e a ocupación alemá, Manuel, con outros miles de prisioneiros españois é confinado no stalag de Trier e, desde alí, o 25 de xaneiro de 1941 será deportado ao campo de exterminio de Mauthausen.
Foi gaseado no castelo de Hartheim o 16 de setembro de 1941.

 

Novas relacionadas

comentarios