Quen dixo que non se podía facer barranquismo no río Xallas?

Hai pouco os víamos “colgados” na Fervenza do Ézaro. Hoxe os vemos descendendo o río Xallas dende o encoro de Santa Uxía. Este grupo de montañeiros e amantes da natureza, a cabalo entre Negreira e a Costa da Morte, disfruta coma poucos das nosas marabillas naturais.

Da man do bombeiro Rubén Suárez Carballo, podemos seguir a ruta de barranquismo polos 1,4 km de río liberado dende o pasado mes de abril. Unha apertura que obrigou a anular toda clase de actividade deportiva, coma esta, a nivel comercial. Pero o que non se pode evitar é que un grupo de "colgados" coma este, disfrute do río. Iso si, precaución, non se lles ocorra ir se non é da man de auténticos especialistas.

Sen máis, deixámosvos coas impactantes imaxes da baixada.

Novas relacionadas

Máis novas