Martes. 19.03.2024
El tiempo

Raúl González, ratificado na asemblea como relevo de Pequeño como candidato á alcaldía de Dumbría

Raul Gonzalez PSOE Dumbria 2Raul Gonzalez PSOE Dumbria 2
Raúl González, ratificado na asemblea como relevo de Pequeño como candidato á alcaldía de Dumbría

Xa hai un par de semanas que José Manuel Pequeño anunciaba que non se ía presentar ás súas 11ª eleccións municipais, e que o seu posto sería ocupado por Raúl González. O teniente alcalde e xefe de Protección Civil esperaba, cauto, á decisión da Asemblea. E finalmente, este pasado venres, a Asemblea ratificábao como candidato.

Raúl entrou nas eleccións do 91, e sempre formou parte da corporación, ademais de levar moitos anos á fronte da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Ë un home de rúa. “A min sempre me deu estar na segunda liña, pero os compañeiros da corporación dinche que están todos conmigo, así que terei que dar o paso”, apunta sempre cauto e respectuoso cos prazos organizativas da Agrupación Socialista.

Comentarios