Rescatan unha persoa que levaba 3 días sen saír de casa en Regoelle
08:02 04/10/22
Ata Regoelle (Dumbría) tiveron que desprazarse os Bombeiros de Cee, o 061 de Vimianzo e a Garda Civil de Muxía, na tarde de onte luns, por un aviso da veciñanza sobre unha persoa que levaba 3 días sen saír da casa.
Os Bombeiros, coa axuda dunha escaleira, accederon pola parte traseira da vivenda e localizaron ao home tirado na cociña, consciente e desorientado.
Bombeiros e 061 realizaron o seu traslado ata a ambulancia, para o seu traslado o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.